RUTA MATEMÁTICA CON MATH CITY MAP
O alumnado de 2º de ESO integrante do Club de Ciencia vén de participar nunha actividade proposta polo departamento de Matemáticas.
Levouse a cabo durante os períodos de lecer dos días 22 e 27 de maio. O alumnado participante distribuíuse en dous grupos que desenvolveron cadansúa “ruta matemática”. Consistiu na realización de diferentes tarefas que requiriron transformar situacións reais en modelos matemáticos para resolver dun xeito lúdico e aplicando, con ese fin, as súas habilidades e competencias.
Utilizaron para iso a aplicación móbil Math City Map, papel, bolígrafo, calculadora e cinta métrica ademais do seu enxeño e diferentes destrezas matemáticas.
Comentarios
Publicar un comentario