O PRIMEIRO PASO: ELIXIMOS O NOSO LOGO


Benvidos ao blog do Club de Ciencias do IES Enrique Muruais!

Comezamos a nosa aventura cunha actividade moi especial. Todo o alumnado e docentes que formamos parte do Club de Ciencias participamos nunha votación para elixir o noso logo oficial o día 20 de outubro de 2023. Os deseños foron creados polos propios estudantes, mostrando moito talento e creatividade.

Así, a votación foi emocionante e permitiunos elixir un logo que nos representará en todas as nosas actividades futuras. Estamos moi contentos co resultado e co espírito de colaboración que vimos desde o primeiro día.

Deste xeito, este blog será o noso espazo para compartir proxectos, descubrimentos e experiencias.




Comentarios

Publicacións populares