EXPOSICIÓN DE MATERIAL DE LABORATORIO

No mes de novembro, coincidindo co Mes da Ciencia en Galego, o alumnado do Club de Ciencias participou en varias actividades. Unha delas foi a exposición de material de laboratorio que o alumnado de 1º e 2º de ESO preparou na biblioteca. 

Primeiro, elixiron o material nos laboratorios e para cada obxecto elaboraron unha ficha na que se mostraba o seu nome en distintos idiomas, galego, castelán, inglés e francés, ademais de información sobre o seu uso, as persoas que os inventaron e, mostrando as súas dotes artísticas, un debuxo. Nas imaxes pódese ver unha mostra do seu traballo. Parabéns por este gran traballo!!



 











Comentarios

Publicacións populares