OBSERVANDO O CEO

O alumnado do IES Enrique Muruais tivo a oportunidade de participar nunha actividade especial: a observación e recoñecemento de estrelas. 

Para realizar esta actividade empregamos os planisferios construídos polo alumnado do Club de Ciencias de 4º de ESO, os cales tamén realizaron unha exposición sobre apps de observación de estrelas. 

O profesor de economía, José Ramón, foi o encargado de ensinarnos a manexar estas apps, e falounos de conceptos básicos sobre constelacións, tipos de estrelas e a importancia da astronomía na historia da humanidade.

A continuación, os alumnos observaron, coa axuda de mapas celestes e guiados polos profesores, varias constelacións como a Osa Maior, Orión e Casiopea.







Comentarios

Publicacións populares