CARLA MARI LUZ LOUREIRO GARCÍA

Co gallo da conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o venres 23 de Febreiro contamos, no noso centro, coa presenza de Mari Luz Loureiro García, catedrática de Economía da USC.

O alumnado do Club de Ciencias de 4º de ESO e 1º de bacharelato asistiron a súa charla, na que nos soubo transmitir excelentemente a importancia do traballo e da actitude persoal, da constancia, da fortaleza... mais, sobre todo, como a humildade e a empatía son as características fundamentais para alcanzar a felicidade.

Mari Luz, nada na Pontenova, soubo manter a nosa atención durante case dúas horas polo acerto e delicadeza das súas palabras.

GRAZAS por vir, saber transmitir tan ben e por ensinarnos tanto. Foi un auténtico pracer.


Comentarios

Publicacións populares