CONSTRUÍNDO UN CONECTRÓN

Durante os meses de febreiro e marzo levouse a cabo unha actividade multidisciplinar na que participaron 17 alumnos/as dos grupos de 3 e 4º de ESO.

 Cada alumno/a construíu un Conectrón, xogo baseado nun circuíto eléctrico e diferentes paneis para relacionar os conceptos. No desenvolvemento da actividade tiveron a axuda de profesorado de diferentes materias:

O profesor de Economía axudoulles a xestionar os recursos do proxecto e a planificalo por partes, ademais de dinamizalo e incentivar o emprendemento no mesmo. Coa profesora de Debuxo Técnico fixeron o plano do circuíto. Co profesor de Tecnoloxía implementaron o circuíto e co profesorado de Bioloxía elaboraron as diferentes fichas de relacionar conceptos.

Unha vez construídos xogaron por parellas e por quendas a adiviñar as respostas do Conectrón do compañeiro/a. A persoa gañadora pasa a seguinte ronda.

Todo un proxecto interdisciplinar STEAM do que se poden ver algúns dos resultados nas imaxes.







Comentarios

Publicacións populares