DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE

Co gallo da celebración do Día Mundial da Reciclaxe, que se celebra hoxe, 17 de maio, o alumnado do Club de Ciencias de 3º de ESO realizou unha pequena exposición con información sobre os diferentes contedores de recollida de lixo, para saber que lixo hai que depositar en cada un deles. 

Tamén se recompilou información sobre os diferentes tipos de plástico e o gran problema que supón o consumo deste material, tanto a nivel da nosa saúde como ambiental. Non nos podemos esquecer de como se acumulan no mar, formando esas xigantescas illas de plástico, nin de como afectan a supervivencia de moitas especies mariñas.

Esperamos que esta exposición nos faga pensar na importancia da reciclaxe e de eliminar o máis posible o consumo de plásticos.

Comentarios

Publicacións populares