OBSERVACIÓN NO LABORATORIO: DANIEL PRIETO SIERRA

O pasado venres 31 de maio, o alumnado do Club de Ciencias de bacharelato e de 4º da ESO contamos coa visita de Daniel Prieto, un biólogo que nos fixo unha actividade de microscopía.

Explicounos as partes do microscopio e o seu funcionamento básico. Aprendemos a axustar a luz, enfocar correctamente e preparar as mostras para a observación. Así, despois dunha breve introdución teórica, chegou a parte práctica!

Observamos mostras de auga da ría de Ribadeo, que recollera el mesmo, tratando de identificar diferentes especies de plancton. Tamén comparamos estas mostras con outras que o alumnado obtivera do río da Pontenova. Este exercicio axudounos a entender mellor como os distintos ambientes acuáticos poden influír na vida microscópica.

Na segunda parte da práctica abrimos un mexillón e observamos baixo o microscopio as súas branquias.

A actividade fíxonos apreciar a ciencia dunha maneira máis práctica e motivounos a seguir explorando e aprendendo. O noso agradecemento a Daniel Prieto polo dedicarnos un pouco do seu tempo e coñecemento. Esperamos ter máis oportunidades como esta en o futuro.




Comentarios

Publicacións populares