EXCURSIÓN A LUARCA


Ola a todos!

Hoxe queremos compartir unha experiencia inesquecible que vivimos os membros do Club de Ciencias. Como actividade final deste curso, realizamos unha excursión a Luarca, un lugar fermoso, cheo de natureza e historia.

A nosa primeira parada foi no Bosque-Xardín da Fonte Baxa, un auténtico paraíso natural, cunha gran variedade de plantas e árbores autóctonas e tamén traídas de diferentes partes do mundo. Seguindo as explicacións do noso guía, Nike, aprendemos moito sobre a súa historia e as diferentes especies que alí conviven.


Despois, dirixímonos ao Parque da Vida, un espazo dedicado á divulgación científica e a conservación da biodiversidade. Alí, os guías explicáronnos numerosas curiosidades sobre os animais e o medio ambiente. 

Visitamos as diferentes salas do parque, e vivimos experiencias emocionantes como ter serpes nas nosas mans. Aínda que ao principio algúns de nós estabamos un pouco nerviosos, ensináronnos a non ter medo a estes animais e a tratalos de maneira segura e respectuosa.

Foi moi interesante coñecer os proxectos de conservación e educación que levan a cabo. Sen dúbida, esta visita fíxonos valorar aínda máis a importancia de coidar o noso planeta e todos os seres vivos que o habitan.

 

     
    


Comentarios

Publicacións populares