OS BIOINDICADORES AMBIENTAIS

 Ola a todos!

Nesta ocasión, o alumnado de 1º de Bacharelato que forman parte do Club de Ciencias sorprendéronnos cunha fascinante explicación sobre os bioindicadores ambientais.

Os bioindicadores son organismos que nos axudan a entender a calidade do medio ambiente, e nesta charla destacouse o papel dos liques. Estes organismos son especialmente sensibles á contaminación do aire, polo que a súa presenza ou ausencia pode indicarnos moito sobre o estado do aire que respiramos.

O alumnado encargado da actividade mostroulle ao alumnado de 1º ESO os diferentes tipos de liques e explicaron como se utilizan en estudos científicos para monitorear a saúde do ecosistema. Ademais, aprendemos sobre outros bioindicadores, como algunhas especies de insectos e plantas, que tamén nos proporcionan información valiosa sobre a calidade da auga e do chan.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu comprender mellor como a natureza nos envía sinais sobre o seu estado e a importancia de coidar a nosa contorna.







Comentarios

Publicacións populares