PARTICIPANDO NO PROXECTO MICROMUNDO

O 22 de xaneiro o alumnado de 4.º de ESO e de 1.º de Bacharelato viaxamos ata a facultade de Farmacia de Santiago de Compostela para participar no proxecto MicroMundo, no que se investiga sobre a resistencia aos antibióticos 

Nesta primeira fase do proxecto levamos mostras de terra da nosa contorna para intentar illar bacterias que poidan producir novos antibióticos. No laboratorio de Microbioloxía, seguindo as explicacións da coordinadora do proxecto, Trinidad de Miguel Bouzas, e baixo a supervisión de Nuria e Manuel (estudantes de Farmacia) fixemos os cultivos bacterianos que trouxemos para o instituto, onde realizamos as seguintes fases do proxecto. 

No instituto recibimos a visita de Nuria e Manuel, e seguindo as súas indicacións, conseguimos illar algunha colonia bacteriana produtora de antibióticos. As placas con estas colonias leváronas de volta para a facultade, para a súa identificación. TODA UNHA EXPERIENCIA CIENTÍFICA!!!

   

 




Comentarios

Publicacións populares