QUE LLES OCORRE AOS LACASITOS E AOS M&M'S CANDO SE POÑEN EN AUGA?

Seguindo coa conmemoración do Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca, nesta actividade o alumnado de 4.º ESO mostrou aos alumnos/-as de 1.º de ESO que ocorre cando se poñen Lacasitos e m&m's en contacto coa auga. Explicáronlles porque os colorantes se difunden sen mesturarse e porque as letras dos Lacasitos son insolubles en auga. Puideron diferenciar así entre colorantes alimentarios solubles e insolubles e entender o concepto de difusión.








Comentarios

Publicacións populares